lunes, 27 de abril de 2015

CARTAS A PIRATÍN DENDE O BLOG!

Como xa vós contei en entradas anteriores, este ano seguimos un fio conductor nas sesións de Audición e Linguaxe. O pirata Piratín mándanos cartas, envíanos ideas, recoméndanos xogos...

Pois a correspondencia con Piratín non cesa. 

Esta vez decidimos empregar o ordenador como medio de correo para que a resposta sexa máis rápida. 
Como aprendemos para que serve un blog quixemos colgar a nosa resposta no da aula de Audición e Linguaxe porque sabemos que Piratín o mira amiudo.

Traballamos a lecto-escritura, o manexo do ordenador e o da cámara fotográfica.




Para elaborar os nosos "Contos de Inverno" empregamos organigramas para realizar choiva de ideas e estructurar as historias nas súas partes correspondentes. 
Tamén fumos a biblio buscar diferentes comezos de contos e limos algúns con temática invernal para sacar ideas a empregar nos nosos.
Con todo iso puxémonos mans á obra e creamos uns contos espectaculares!


Agardamos a túa resposta Piratín!



jueves, 23 de abril de 2015

O DÍA DO LIBRO E APP NOTEGRAFY

Ofrezamos os libros como un medio para divertirse, investigar, aprender, viaxar, imaxinar...
Non é de recibo impoñer a lectura como un castigo.



Esta imaxe foi creada coa app Notegrafy. Se pinchades nela accederedes ao enlace para descargala en Android. Tamén está dispoñíbel para iOS. 

É moi recomendable para traballar a lecto escritura e comezar co recoñecemento dos grafemas. 
Pódense escribir dende palabras soltas ata novelas enteiras e logo elixir o deseño desexado para estilizar a imaxe.

Probádea cos máis pequenos e compartide os resultados!

Os nosos alumnos de 5 aniños vanna empregar para dar a coñecer por que letra comeza o seu dinosaurio favorito.

Espero que vos sexa útil!


sábado, 18 de abril de 2015

BUSCAMOS A WALLY NA APP

Buscando atopei a Wally. 

Wally and Friends é unha app que empregamos para entrenar a nosa atención.

Encantoume a dinámica da app, o interactiva, atractiva e lúdica que resulta.

Algúns dos peques non coñecían a Wally e foi un xeito de acercalos á esta persoaxe dos anos 90.

No desenvolvemento do xogo váisenos presentando unha serie de obxectos e persoaxes que debemos ir buscando nas pantallas que se van sucedendo atendendo ao tempo que nos dan para acadar os obxectivos. Ademáis, durante o progreso do xogo conséguense moedas para desbloquear novas aventuras.

Pinchade na imaxe e teredes o enlace da app para Android:



Pinchade na imaxe e teredes o enlace da app para iOs:




lunes, 13 de abril de 2015

EXPLICAMOS O AUTISMO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Nos seguimos coa teima de coñecer o autismo.

Hoxe os pequenos de Educación Infantil tiveron unha sesión de PELO diferente, na que oíron falar por primeira vez sobre o AUTISMO e os PICTOGRAMAS.

Na primeira parte da sesión vimos un capítulo de Caillou no que o protagonista coñece a un compañeiro con TEA e debe aprender a realacionarse con el.



Logo falamos sobre o vídeo: A Andy gústanlle os lugares ruidosos? Fala moito? Prefire xogar só ou con moita xente? E así fumos coñecendo algunhas características das persoas con TEA.

Na segunda parte aprendemos o que son os PICTOGRAMAS e para que se empregan. Explicamos que os nenos con autismo teñen dificultades para entender o que se lles di e que comprenden mellor e se expresan usando esos debuxos. 

Logo xogamos a comprender frases coa seguinte PPT.




Por último, rematamos a sesión lendo un conto con pictogramas de PICTOCUENTOS.






Porque nos debemos concienciar os 365 días do ano.


viernes, 10 de abril de 2015

TE CUENTO APP

Porque aprendo dos meus alumnos. 

Coñecer a lingua de signos é unha asignatura que teño pendente, pero este ano tiven a inmensa sorte de toparme cunha alumna con dificultades auditivas que está sendo a miña mellor mestra.

Esta semana comezamos a traballar coa app Te Cuento pensada para nenos coas súas características.

Trátase dunha aplicación móbil de descarga gratuita creada pola Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación.

É unha aplicación para que nenos e adultos poidan editar de forma sinxela e divertida os seus propios contos en lingua de signos sempre con apoio de texto escrito. Para personalizar os mesmos pódese ilustrar as historias con imaxes propias e arquivalas para reproducir tantas veces como se desexe.

Deixo o enlace para descargar a APP en Android.




jueves, 2 de abril de 2015

CONCIENCIEMONOS_DÍA 2 DE ABRIL

Día non para celebrar senon para aprender e concienciar sobre o TEA a aqueles menos sensibles co tema.  
Este ano tomo como referenza o vídeo de 'Iluminemos de azul'. Miradeo, explica as implicacions do TEA dun xeito sintético e sinxelo.




Foto de campaña de F.Autismo Diario