lunes, 26 de mayo de 2014

TALLER DE LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA

A Federación de Asociacións de Persoas sordas de Galicia ofrece durante os meses de xuño e xullo talleres de Lingua de Signos Española.

Son 35 horas de formación distribuidas en 10 sesións. Ofrécese nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense. O nivel que se aprende nestes talleres é o Nivel Usuario Básico A1.1

No seguinte enlace pódese atopar toda a información ao detalle sobre os mesmos e o xeito en que hai que inscribirse:





"Ensináronme que o camiño ao progreso non é rápido nin fácil" Marie Curie




viernes, 23 de mayo de 2014

MÉTODO XESTOS PARA OS FONEMAS

Levamos un tempo probando un método non moi innovador xa que ten os seus anos pero que, neste caso, nos pode resultar útil para a intervención na escritura. Este é o MÉTODO XESTOS PARA OS FONEMAS de Pilar Fernández García.

Sabemos escribir o noso nome pero queremos ir máis alá e aprender a escribir novas palabras.

Este método énos de gran axuda xa que emprega un apoio visual para discriminar os grafemas e fonemas. Cada fonema ten un signo asociado o que nos permite estimular varios sentidos ao mesmo tempo na aprendizaxe da escritura, tendo en conta o importante que é o apoio visual nos nenos con TEA.



Nós comezamos coas letras do nome propio para logo ir formando novas palabras.
Tamén o empregamos para aprender escritura no teclado do ordenador.



"Aprender é como remar contra corrente, en canto se deixa retrocédese" Edward Benjamin Britten.



lunes, 12 de mayo de 2014

FILMES PARA APRENDER

Nesta entrada quero poñer a vosa disposición unha pequena compilación de películas que me resultaron interesantes para aprender acerca dalgúns tipos de diversidade funcional. Unhas son máis entretidas ca otras pero de todas aprendín.


  • DE PORTA EN PORTA
Esta película está basada nunha historia real.  En 1995, Bill Porter, tratando de seguir os pasos do seu pai, solicita traballo como vendendor, o cal consegue despois de insistir.
A súa nai é un piar fundamental na súa vida aínda que, como poderedes ver, el acadará un
nivel álxido de autonomía e independencia.

A través desta trama móstranse as dificultades diarias coas que se pode atopar unha persoa con parálise cerebral, o respeto á diversidade e a solidariedade da xente; pero tamén a irrespetuosidade, a falta de moral e o cinismo de parte da poboación. 




  • O CIRCO DAS BOLBORETAS

Cortometraxe que amosa un claro exemplo de superación persoal e empatía. Trátase dunha pequena historia acerca dos habitantes dun circo. Estes atopan a un home sen extremidades que participa nunha exibición de rarezas. Co apoio de todos os seus compañeiros e o seu afán de superación, Will logra atoparse a sí mesmo e mostrar ao mundo as súa habilidades escondidas.



  • Á FRONTE DA CLASE 
Esta película estreouse o 7 de decembro do 2008. Relata unha historia basada en feitos reais dun xoven con Sindrome de Tourette que quere ser mestre.




  • BEN X
Película belga do ano 2007 que trata sobre a historia de Ben, un adolescente con Síndrome de Asperger. Está basada na novela "Nothing was all he said" de Nic Balthazar a cal está libremente inspirada nunha historia verdadeira (o suicidio dun xoven autista acosado a morte polos seus compañeiros de clase).
Ben evádese da crueldade da realidade cotiá á que se enfronta no instituto, protagonizada por acoso e humillacións continuadas, nun videoxogo de rol, MMORPG Archlord no cal vive como un heroe.




"Fálase de integrar porque se discrimina, fálase de incluir porque se exclúe" Leonardo Caracol Farfán


miércoles, 7 de mayo de 2014

PRAXIAS COA TABLETA

Ata o de agora e dende que comezamos o curso fixemos praxias bucofaciais mirándonos ao espello e poñendo as caras que uns amigos nos mostraban dende unhas tarxetas, imitándonos a nós mesmos e xogando.
Hoxe probamos unha nova metodoloxía, empregar a tableta para facer praxias. Para iso descargamos a aplicación MOGGY SPEAK.


Trátase dunha aplicación, tanto para tableta como para móbil, que ten como finalidade a estimulación da linguaxe a través de xogos. Inclúe xogos para:
  • Estimular o control da respiración e exercitar o soplo,
  • Mellorar a expresión verbal e o aumento de vocabulario básico e 
  • Realizar praxias bucofaciais.
No que a práxias se refire resulta moi divertido xogar con esta aplicación xa que grazas á cámara frontal vémonos na pantalla mentras imitamos os movementos que Moogy nos propón. 

No seguinte enlace explícase como se xoga a exerticar a musculatura bucofacial e o resto das actividades que compoñen esta aplicación: MOOGY SPEAK.

O uso da tableta está sendo un éxito!


"Los bosques serían demasiado silenciosos si sólo cantaran los pájaros que mejor lo hacen" Rabindranath Tagore.




lunes, 5 de mayo de 2014

EMPREGO DA TABLETA

Hoxe iniciámonos no emprego da tableta. Foi unha experiencia moi gratificante xa que, aínda que nun comezo non nos entendíamos moi ben cos movementos que había que facer sobre ela, según foi avanzando a sesión estas dificultades foron indo a menos ata chegar a desaparecer.

A aplicación que empregamos para iniciarnos conleva a exercitación da atención visual e o aumento do vocabulario referente á figuras xeométricas e outras. Está composta por tres xogos educativos diferentes:

  • Facer coincidir coa forma máis adecuada,
  • Elexir a figura,
  • Atrapar todas as formas cos estímulos en movemento.

Realmente a importancia da actividade de hoxe radica na introducción da tableta como un recurso máis e aprender a manexala.

A aplicación que empregamos tamén se pode descargar en teléfonos Android. Búscase na Play Store como "Juegos para niños: formas".

Pinchando sobre da imaxe da aplicación pódese descargar.



"En cuestiones de cultura y saber, solo se pierde lo que se guarda, sólo se gana lo que se da" Antonio Machado